viernes, 16 de marzo de 2012

Visita Biblioteca de Monte Alto


O día 1 de marzo fixemos unha visita á Biblioteca de Monte Alto, porque tiñan unhas botellas con mensaxes dentro que chegaran a Riazor desde as costas de Canadá en Terranova e pedíronnos aos alumnos de cuarto se podiamos resolver esas mensaxes. Cando tivemos as respostas mandámolas por email a Terranova e xa nos contestaron dándonos as grazas e unhas fotos do seu colexio e máis da biblioteca que utilizan eles alá en Terranova. Tedes as fotos a continuación:

Colexio de Terranova

Biblioteca de Terranova






Visita ao Mercado de San Agustín

O xoves ,15 ,co motivo do ´Dia do consumidor¨os alumnos de 4º visitamos o mercado de San Agustín, alí cos placeros e placeras aprendemos moitas cousas. Despois Eva e Sabela de 4ºB xunto con Celia de 4ºA e a profe Ánxos fomos a radio onda Cero para falar de todas cousas que fixeramos no mercado. Mostrovos algunhas das fotos que fixemos.





miércoles, 14 de marzo de 2012